miércoles, 22 de abril de 2009

Mes dos libros- A árbore-conto do bosque encantado

Recibimos moitísimos contos para alimentar a nosa árbore-conto do bosque encantado, pos iso, tanto él como a biblioteca estamos moi contentos cos nenos do Colexio Público Tomás de Lemos e do CRA Amencer, por iso teremos un pequeno detalle sorpresa con eles. Polo de pronto os nenos de Preescolar do colexio de Ribadavia e os nenos do CRA (Colexios rurais agrupados) virán o 23 de abril, Dia do Libro, a unha sesión de contacontos na biblioteca, do grupo Tarabelos, titulado "Un cheiro de contos". Estas son as fotos dos contos expostos, que como vedes tivemos que poñer polas paredes, pois as polas da árbore xa estaban moi cheas. Dende aquí grazas a todos tanto nenos como mestres que participaron.

No hay comentarios: