miércoles, 25 de abril de 2012
23 de abril, Dia Internacional do Libro
O 23 de abril a Biblioteca celebrouno cunha actividade con nenos de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria do Colexio Público Tomás de Lemos de Ribadavia. Fíxose unha actuación de teatro de monicreques da man do grupo Titereficciós coa obra "Gofken e o libro máxico", que gustou moito aos nenos xa que ademais de títeres tamen era musicado, unha personaxe tocaba o clarinete e a guitarra facendo maís amena a actuación. Antes e despois do teatro algunhas clases viron a exposición "Algo mais ca contos" e visitaron a sala infantil. Ao finalizar a actuación fíxose un sorteo de libros entre os nenos asistentes, o que causou unha grande algarabía. Estas son as fotos:
Bookcrossing
Deíxovos as fotos da actividade de Bookcrossing que fixo a Biblioteca no CPI Tomás de Lemos con rapaces de 4º da ESO. Nestas fotos os rapaces despois de rexistrar os libros e conseguir o seu nº de rexistro chamado BCID, logo liberaron os libros metendo os datos das zonas de liberación para posteriormente na rúa deixalos onde elexiron. Estas son as fotos:
viernes, 13 de abril de 2012
Contacontos Dia do Libro
martes, 10 de abril de 2012
Exposición Mes de Abril, Día do Libro
Este mes de abril quixemos adicalo a todos aqueles temas interesantes para os nenos na sala infantil da biblioteca, para que souberan que non so se se trata de vir a por contos senon de todas as posibilidades que lles ofrece. Titulámola "Algo maís ca contos" e pusemos un listado: curiosidades, biografías, inglés, historia, cine, etc... Todo en tela.
Aproveitamos restos moi pequenos en tiras do novo campo de herba artificial que están facendo na vila, estivemos en busca de refugallo, e tivemos que pegalas todas con cinta adhesiva, un traballón, pero á ollo parece un trozo de herba grande, a proba, estas fotos:

Esta exposición xa está dende o 30 de marzo que foi o día que nos viñeron a visitar os nenos de Educación Infantil do Tomás de Lemos e o CRA Amencer, dos cales xa vos ensinarei as fotos cando as teña, esto é un adianto da exposición que espero vos guste:

Suscribirse a:
Entradas (Atom)