miércoles, 25 de abril de 2012

23 de abril, Dia Internacional do Libro

O 23 de abril a Biblioteca celebrouno cunha actividade con nenos de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria do Colexio Público Tomás de Lemos de Ribadavia. Fíxose unha actuación de teatro de monicreques da man do grupo Titereficciós coa obra "Gofken e o libro máxico", que gustou moito aos nenos xa que ademais de títeres tamen era musicado, unha personaxe tocaba o clarinete e a guitarra facendo maís amena a actuación. Antes e despois do teatro algunhas clases viron a exposición "Algo mais ca contos" e visitaron a sala infantil. Ao finalizar a actuación fíxose un sorteo de libros entre os nenos asistentes, o que causou unha grande algarabía. Estas son as fotos:

No hay comentarios: