viernes, 15 de junio de 2012

50 Aniversario do Dia das Letras Galegas

A Biblioteca Pública Municipal fixo unha exposición titulada "50 anos do Dia das Letras Galegas". Nela faise un percorrido por cada unha das figuras homenaxeadas ao longo destes cincuenta anos de Día das Letras a través dunha serie de 50 carteis realizados por cadanseu deseñador. En cada cartel aparece tamén un breve texto autoría dun escritor galego actual, quer da xeración máis veterana, como Manuel Álvarez Torneiro e María do Carme Kruckenberg, quer da máis nova, como María Reimóndez ou Daniel Costas. O caderno inclúe o manifesto titulado "As letras que nos fixeron", no que se pode ler: "As palabras e as imaxes son os lugares da cultura, esa é a masa que nos une". No proxecto participaron once entidades e asociacións reunidas arredor da causa comunal da defensa e dignificación da nosa lingua e cultura propias que nomeamos a continuación: Real Academia Galega, Asociación Galega de Deseñadores, Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega, Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia, Torras Papel/Norte Papel, Asociación Galega de Editores, Federación de Libreiros de Galicia, Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia (da cal forma parte a bibliotecaria de Ribadava como vogal), ANABAD – Galicia, Faro de Vigo e a Xunta de Galicia. Quixemos completar esata cartelería exposición cun libro de cada homenaxeado, de entre os que dispoñíamos na biblioteca, especificando o ano do seu homenaxe. Estas son as fotos do noso homenaxe:

No hay comentarios: