miércoles, 23 de abril de 2008
Visita nenos de 2º de Primaria do Colexio Público Tomás de Lemos
martes, 22 de abril de 2008
Visita nenos de Preescolar e 1º de Primaria do Colexio Público Tomás de Lemos
viernes, 18 de abril de 2008
Visita C.R.A. Amencer
Contacontos Dia do Libro
jueves, 27 de marzo de 2008
ACTIVIDADES MES DOS LIBROS
Esta exposición conta cunha serie de libros tratados plasticamente para que nos evoquen historias de cada un deles. Cada libro acompáñase dun texto que narra o que lle sucedeu. Os libros fantásticos son o resultado dun extenso traballo no mundo da narración oral e da animación á lectura. Están concibidos coa intención de achegar o obxecto-libro ao público baixo unha mirada aberta que estimule a imaxinación, invitando aos visitantes a que inventen aventuras a través destes libros ou que creen os seus propios .
O día 19 de abril ás 20:30 h. terá lugar a representación teatral "Un avó especial" do grupo Migallas Teatro. É un espectáculo no que se aborda o tema da enfermidade do Alzheimer co obx
ectivo de axudar a comprender situacións que moitas familias poden vivir no seu contorno. Malia a seriedade do tema que trata ten un enfoque humorístico que persegue fomentar actitudes optimistas para afrontar os problemas da doenza e amosar a importancia que teñen os nenos e nenas para que os maiores vivan momentos felices. Á parte da enfermidade, tamén se trata o tema da relación entre nenos e vellos en xeral así como diferentes modos de educar os rapaces por parte dos membros da familia. Os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e os medios de comunicación. Ditos tradicionais, lerias e enredos son un elemento máis da obra.
O 26 de abril ás 20:30 h. terá lugar a representación da obra "Unha
de amor" do grupo Artello Teatro. Os animais que moran nunha pequena vila viven atemorizados pola inquedante presenza dun conveciño díscolo, o Gato Gaiado. A él atribúen os crimes máis arrepiantes e a orixe de tódalas desgrazas que alí acontecen.
Coa chegada da Primavera, unha xove e ousada andoriña consegue o nunca visto: ante o abraio de todo o vecindario, o Gato Gaiado sorríu. A partir dese momento, desenvólvese unha relación entre o Gato e a Andoriña que convulsiona a esa comunidade.
lunes, 17 de marzo de 2008
lunes, 10 de marzo de 2008
OBRADOIRO VIVIR OS CONTOS




