miércoles, 31 de marzo de 2010
A maxia dos soños
O martes 30 de marzo, tivo lugar unha representación moi especial no Auditorio da Casa da Cultura, programada pola Biblioteca Pública Municipal e Letras Vivas Animación. Trátase do contacontos "A maxia dos soños" do grupo A illa d@s nen@s, no cal misturaron un conto con maxia, facendo as ledicias dos nenos. Houbo unha grande participación de público, como vedes nestas fotos:

Obradoiro expreso de banda deseñada
O venres 26 de marzo ás 17:30 h. tivo lugar un obradoiro expreso de banda deseñada a cargo do persoal da editorial Cerditos de Guinea, cuio grupo adicado aos cursos chámase Gochi. Os nenos despois de repasar o mundo do cómic e tódalas súas variantes fixeron unha práctica de cómo se fai un cómic. Estas son as fotos:

jueves, 25 de marzo de 2010
Actividades Semana Santa
Este venres empezamos coas actividades de Semana Santa. O 26 de marzo temos un obradoiro na Biblioteca Municipal as 17:30 h. titulado "Obradoiro expreso de banda deseñada", no cal o grupo Gochi, que teñen a editorial "Cerditos de Guinea", ensinarannos como se fan os cómics, como se debuxan os xestos, como se simula o movemento, etc...

O martes 30 as 18:00 h. teremos o espectáculo de maxia e contacontos misturado titulado “A maxia dos soños” do grupo A illa d@s nen@s. É un conto inédito no que os asistentes disfrutarán dunha fermosa historia que ten como protagonista a un neno que quere ser Mago e a través dun soño moi especial no que lle pasan cousas máxicas e é quen de facer realidade a súa ilusión. Neste espectáculo o conto relátase por unha voz en off e representado por un actor que fai o papel de neno e os distintos personaxes que son monicreques. Para todas as idades. Auditorio da Casa da Cultura.

miércoles, 20 de enero de 2010
Solidaridade con Haiti
Recibimos información de Solidaridade Internacional Galicia, sobre onde podemos facer a nosa aportación a Haiti, e nos pasámosvos esta información a vos.
EMERXENCIA EN HAITÍ.
A túa axuda é necesaria. Colabora!!
CAIXA GALICIA Conta nº 2091 0530 39 3040011953
CAIXANOVA Conta nº 2080 0140 17 0040019075
BANCO PASTOR Conta nº 0072 0290 37 0000101279
Maís información na páxina web: http://www.solidaridadgalicia.org/emerxencia-en-haiti

martes, 12 de enero de 2010
Fotos Actividades de Nadal
O 27 de decembro no Festival de Panxoliñas entregáronse os premios do Concurso de Postais de Nadal. Os premiados foron:
-Categoría Preescolar: Ismael Sotelo
-Categoría Primaria: Noa Martinez e Andrea González
-Categoría ESO: Jonathan Rodríguez e Nicole de la Fuente
Estas son algunhas fotos da entrega de premios:

O 28 de decembro tivo lugar un contacontos titulado "O Duende Sico e os contos do Colorín Colorado", e asistiron moitos nenos, parte deles da Ludoteca do Nadal. Estas son as fotos:

Por último o 29 de decembro na sala infantil da Biblioteca tivo lugar a presentación do libro da Editorial Biblos "O Apalpador" polo autor ribadaviense do libro, Xoán G., a cal asistiu o concelleiro de cultura Anxo Collarte e nenos aos cales se lles regalou un exemplar do libro. Estas son as fotos:

lunes, 21 de diciembre de 2009
Obradoiro "Un dia con Leonardo da Vinci"
O venres, 18 de decembro ás 17:30 h. tivo lugar un obradoiro na sala infantil da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia titulado "Un día con Leonardo da Vinci". Nel, os nenos coñeceron a figura do Leonardo, non so pintor, senón tamén inventor, asi como distintas curiosidades sobre este artista. Despois fixeron un catalexo moi especial, xa que permite, coa luz do día, ver as cousas o revés. Estas son algunhas das fotos dese obradoiro realizado polo grupo Crearte.

Obradoiro árbore de Nadal
Na Biblioteca estamos a facer cos nenos unha árbore de Nadal feito polos nenos que asisten á Biblioteca. Tódolos días fan adornos de Nadal, recortámolos e pegámolos na nosa árbore, que como vedes empezou con poucos adornos, pero agora xa está cheíño de todo, incluso lle puxemos unha estrela moi grande. Cada adorno ten o nome do neno co fixo, e asi vemos o que aportaron cada un. Estas son as fotos:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)